Empresa familiar fundada no ano 1989 con vocación de traballo no sector apícola coidando con esmero o proceso de manipulación, dende as flores ata o envasado final para o consumidor.

Somos unha Empresa pioneira na transformación de productos primarios relacionados co mel: o mesmo mel, a súa mestura a partir do cacao, así como tamén os demais productos colleitados das nosas colmeas.

Acadamos así uns productos excepcionais e exquisitos, ofertando unha alta gama deles, creados pola nosa propia firma, para degustación e disfrute de tódolos consumidores ate os máis esixentes e “sibaritas”.

Todo esto elaborado con agarimo e tradición para persoas encantadoras como “vostede”.